Rudiger salva sobre a campá o empate para un gris Real Madrid
Un gol do central no 95 permitiulles empatar aos brancos diante do Shakhtar (1-1)
O Sevilla iguala en Dortmund (1-1) e terá que agarrarse á opción da Europa League

Ancelotti pensou no Clásico máis que na Champions e case o paga diante do Shakhtar. Carvajal, Militao, Alaba, Modric ou Vinicius quedaron no banco de suplentes, xunto con Courtois que non viaxou: seis xogadores que serán titulares o vindeiro domingo e que non estiveron diante dun equipo ucraíno que buscaba o segundo posto do grupo.
Nun partido moi gris do Real Madrid empatou 1-1 cun gol de Rudiger na última xogada do partido. A primeira hora de encontro foi para esquecer e Zubkov marcou para os ucraínos no primeiro minuto da segunda parte.
Zubkov sorprende al Real Madrid en el primer minuto de la segunda parte. Golpea primero el Shakhtar. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/4Q3FlVCyV4
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 11, 2022
Ancelotti, consciente de que podía sentenciar o pase aos oitavos de final como primeiro de grupo, tentou a reacción metendo a Modric e Vinicius. O xogo mellorou, o Real Madrid xerou ocasións para marcar e acabouno facendo no 95 cun remate no que o central xermano se xogou a integridade física.
Conexión alemana
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 11, 2022
Balón teledirigido de Kroos que remata Rüdiger para empatar el Shakhtar - Real Madrid en el último minuto. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/joQjvWTf4Z

O Sevilla de Sampaoli sumou un punto en Dortmund (1-1) que o descarta para a Champions pero que pode valer para xogarse co Copenhague o terceiro posto e unha praza na Europa League.
Os goles chegaron no primeiro tempo. Adiantou Nianzou o Sevilla cun remate de cabeza (m18) e Bellingham empatou no 35 para un equipo alemán que precisa só un punto nas dúas xornadas que quedan para certificar o seu pase á seguinte rolda.
Un primer gol IMPRESIONANTE 😳
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 11, 2022
Tanguy Nianzou y su primera diana con la camiseta del @SevillaFC.#LaCasaDelFútbol #UCL pic.twitter.com/jkUdJaEF8V