Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Real Madrid métese na final e loitará polo oitavo Mundial del Clubs

O Real Madrid métese na final e loitará polo oitavo Mundial del Clubs

Derrotou o Al Ahly de Exipto por 4-1, pero non resolveu o partido ata o tempo engadido

G24.gal 08/02/2023 21:36

O Real Madrid xogará a final do Mundial de Clubs e tentará lograr o oitavo título, o quinto na última década. Impúxose ao Al Ahly por 4-1 nun partido en que non amosou a teórica superioridade que se lle supoñía pero acadou a clasificación. 

O cadro exipcio completou un bo primeiro tempo, moi serio no traballo defensivo e impedindo o xogo habitual dos de Ancelotti. Aguantaron ata o último minuto da primeira parte, cando Vinicius atopou o oco para marcar o primeiro gol. 

Non pasara nin un minuto da segunda parte cando Fede Valverde aproveitaba un rexeitamento do porteiro exipcio despois dun remate de Rodrygo. Dous a cero e todo parecía visto para sentenza.

O Al Ahly nunca se rendeu e, logo dun claro penalti cometido por Camavinga, acurtou distancias co tanto de Ali Maaloul. Chegou o momento do árbitro e de Vinicius. O brasileiro caeu na área en dúas xogadas que revisou o colexiado. A primeira non a considerou pena máxima, algo que si entendeu na segunda. Modric atopouse coa intervención do porteiro Elshenawy. 

O terceiro gol, o que resolvía a semifinal, chegou no tempo engadido nunha xogada de Ceballos que culminou Rodrygo (3-1). E no 98 o da canteira Arribas facía o cuarto no primeiro balón que tocaba no partido. O Real Madrid xogará a final contra o Al Hilal de Arabia, que sorprendeu na outra semifinal o Flamengo do Brasil. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade