Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Real Madrid gaña en Escocia (0-3) pero perde a Benzema

O Real Madrid gaña en Escocia (0-3) pero perde a Benzema

Triunfo no campo do Celtic con tantos de Vinícius, Modric e Hazard

O Manchester City afondou na crise do Sevilla cunha vitoria (0-4)

Modric marcou o segundo gol do partido no minuto 63. EFE Modric marcou o segundo gol do partido no minuto 63. EFE
G24.gal 06/09/2022 22:19

O Real Madrid gañou no seu regreso á Liga de Campións. Fíxoo no campo do Celtic escocés, pero lamentou a lesión do seu capitán Karim Benzema, que tivo que marchar no primeiro tempo. Tamén deixou o partido no descanso con molestias o central Militão.

Benzema tivo que marchar do partido no primeiro tempo. EFE Benzema tivo que marchar do partido no primeiro tempo. EFE

Forte saída do cadro local no partido, cunha presión alta que durante moitos minutos impediu ao Real Madrid facer o seu fútbol. A lesión de Benzema tampouco axudou a que os de Ancelotti se atopasen cómodos sobre o campo. 

Pero este equipo ten tanta pegada que no espazo de catro minutos deixou o partido sentenciado. No 59 Vinícius volveu demostrar o seu gran momento de forma para facer o primeiro.

Sen tempo para dixerilo, o Celtic recibiu o segundo logo dunha asistencia de Hazard que non desaproveitou Modric. Co partido resolto, houbo tempo para o gol do belga, que tenta atoparse co seu mellor fútbol.

Dobrete dun Erling Haaland letal no Sánchez Pizjuán. Efe Dobrete dun Erling Haaland letal no Sánchez Pizjuán. Efe

Haaland esmaga o Sevilla

O Manchester City aproveitouse do mal momento dun Sevilla que non levanta cabeza. Liderados polo letal Erling Haaland, os de Guardiola pasaron por riba dun conxunto deprimido e ao que nin a Champions serviu para mudar a dinámica.

O noruegués marcou no minuto 20. Phil Foden aumentou a vantaxe xa no segundo tempo (58') e o propio Haaland pechou o partido co segundo tanto na súa conta particular. Aínda habería tempo para un cuarto gol no tempo engadido marcado polo portugués Ruben Dias, mentres a bancada pedía a dimisión do presidente Pepe Castro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos