Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Real Madrid destitúe a Xabi Alonso e substitúeo por Álvaro Arbeloa

O Real Madrid destitúe a Xabi Alonso e substitúeo por Álvaro Arbeloa

No comunicado do Real Madrid non se especifica a duración do contrato de Álvaro Arbeloa como técnico do primeiro equipo

G24.gal 12/01/2026 19:03 Última actualización 12/01/2026 19:09

O Real Madrid decidiu prescindir de Xabi Alonso tras caer na final da Supercopa de España ante o Barcelona, e en comunicado informa que "de mutuo acordo" co técnico "decidiu poñer fin á súa etapa como adestrador do primeiro equipo".

"Xabi Alonso sempre terá o agarimo e a admiración de todo o madridismo porque é unha lenda do Real Madrid e representou en todo momento os valores do noso club. O Real Madrid sempre será a súa casa", asegura no comunicado.

O Real Madrid mostra o seu agradecemento a Xabi Alonso e a todo o seu corpo técnico polos sete meses de traballo no seu regreso ao club como técnico tras triunfar como xogador. 

Asume o banco do primeiro equipo Álvaro Arbeloa, tras só uns meses no RM Castela, nos que ten o filial madridista en cuarta posición do Grupo 1 de Primeira RFEF.

No comunicado do Real Madrid non se especifica a duración do contrato de Álvaro Arbeloa como técnico do primeiro equipo, cuxo primeiro reto será este mércores, na visita ao Albacete para a disputa dos oitavos de final da Copa do Rei.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade