Publicador de contidos

Publicador de contidos

O racinguista Álex Zalaya, castigado con seis partidos pola dentada a un xogador da Celta Fortuna

O racinguista Álex Zalaya, castigado con seis partidos pola dentada a un xogador da Celta Fortuna

O adestrador da Sarriana, Dani Giménez, foi sancionado con dous partidos de suspensión polas súas críticas aos árbitros

G24.gal 26/02/2026 11:41 Última actualización 26/02/2026 11:49

O Xuíz Único de Competición para a Primeira Federación de fútbol decidiu impoñerlle seis partido de sanción ao central racinguista Álex Zalaya, tras ser expulsado nos primeiros minutos do encontro entre o Racing de Ferrol e a Celta Fortuna no campo da Malata por darlle unha dentada no ombreiro ao dianteiro centro do filial olívico, Álvaro Marín.

Falouse de que a sanción podería ser entre catro e doce partidos e finalmente foron seis. Nas súas alegacións o Racing pedía a sanción mínima alegando o comunicado do xogador emitido nas redes sociais para pedir perdón, así como así como o feito de que non existen antecedentes de vermellas a Zalaya.

Pola súa banda, o adestrador da Sarriana, Dani Giménez, foi sancionado con dous partidos de suspensión polas súas críticas aos árbitros tras o encontro que o seu equipo perdeu fronte ao Coruxo (1-0), correspondente á Segunda Federación.

O Comité de Competición da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) acordou impoñer esta sanción por “actitudes de menosprezo ou desconsideración cara aos árbitros, directivos ou autoridades deportivas”, en aplicación do artigo 124 do Código Disciplinario, con multa accesoria conforme ao artigo 52.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade