Cargando resultados...
O Rácing, xa descendido, quere deixar mañá unha boa imaxe contra o Zaragoza
G24.gal
03/05/2025 14:48
O Rácing disputará mañá pola tarde o seu compromiso desta xornada. Unha vez confirmado o descenso matemático, o equipo ferrolán intentará ofrecer unha boa imaxe ante o Zaragoza na Malata.
O partido é vital para o conxunto maño, que está metido de cheo na loita pola permanencia. Alejandro Menéndez ten problemas en defensa polas baixas de Puric e Naldo, aínda que no club ferrolán non recibiron arestora a confirmación das súas sancións por acumulación de cartóns.
O técnico racinguista afirmou hoxe na rolda de prensa que o encontro é moi importante tamén para o seu equipo.