O Rácing saca un punto da súa visita ao Tartiere
Señé anotou o gol dos ferroláns dende o punto de penalti no 32'
A expulsión de Delmás na primeira metade marcou o resto do encontro
Un bo Rácing saltou ao Novo Carlos Tartiere e o equipo de Cristobal deu unha gran imaxe na súa segunda xornada na volta a Segunda División.
O equipo ferrolán saltou ao campo coa mesma aliñación coa que logrou a vitoria en Elxe agás o cambio dun Enrique Clemente que entrou por un David Martínez que arrastraba molestias.
Tras unha media hora competida na que os visitantes tiveron algúns acercamentos, unha xogada na que previamente o balón foi a madeira, remataría cun penalti sobre Enrique Clemente. O central estivo veloz e metería o pé diante dun defensa que o golpearía tratando de despexar o balón.
Señé tiraría o penalti e transformaría o tanto dende os 11 metros ante o seu ex equipo. Xusto antes de que chegase o tempo de lecer expulsaría a Delmás cun cartón vermello directo despois dunha dura entrada que ben puido ser amarela.
Na segunda metade o Oviedo comezaría apertando e froito da presión Camarasa anotaría o empate cun golpeo raso dende o bordo da área.
Os ástures chegarían con máis perigo ata o final, mais un bo Cantero puxo o cadeado na rede dos de Ferrol e o equipo de Cristóbal marcharía da visita ao Oviedo cun bo 1 punto.