Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing recupera as mellores sensacións coa vitoria 2-0 diante do Linares

O Rácing recupera as mellores sensacións coa vitoria 2-0 diante do Linares

Joselu e Quique Fornos marcaron os goles do equipo galego

G24.gal 07/12/2022 20:39 Última actualización 08/12/2022 15:45

O Rácing recuperou as boas sensacións e deulle continuidade ao triunfo do domingo diante do Pontevedra. O Linares chegaba como un rival directo dos ferroláns na pelexa polos postos altos pero estivo lonxe de inquedar a vitoria local. 

O tanto de Joselu ao cuarto de hora resultou determinante. O Rácing reforzou a súa idea e volveu a demostrar a súa fiabilidade en defensa. Case non pasou por momentos de apuro ao longo dos noventa minutos. Sen xerar demasiadas ocasións buscaron os de Cristóbal un segundo achegamento que lles permitise sentenciar o partido. 

O segundo tanto chegou no mellor momento do cadro departamental. Luis Chacón rozara o gol e foi Quique Fornos á saída dun córner o que marcou o 2-0 que deixou o partido decidido. 

O propio Fornos tivo outra boa opción a balón parado para incrementar a renda. O Rácing, nun exercicio de solvencia, fíxose cun triunfo que lle permite igualar co Alcorcón a 30 puntos, no terceiro posto da táboa. Supera en catro puntos ao Deportivo, ao que visitará o vindeiro domingo en Riazor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade