O Rácing quere recuperar o ritmo do ascenso en Tenerife (18:30h, G2)
Os ferroláns afrontan o choque diante do líder a dous puntos da zona de promoción
Partiron de inicio como os dous favoritos do grupo para o ascenso, por presuposto. Un cartel que se lle desprendeu ao Rácing e que loita por colgar de novo. Ao Tenerife, pola contra, só lle sacaron puntos dous equipos no Heliodoro.
O tempo voa para este Rácing que segue buscando a súa mellor versión. A que o reconduza á zona de promoción, que agora ten a 2 puntos, logo de gañar só un dos ultimos 7 partidos.
O Tenerife espera aos ferroláns dende a superioridade que lle confire a súa condición de líder sólido. Máis de 20 xornadas nesa atalaia, actualmente a 12 puntos do segundo. E cunha capacidade goleadora que tamén demostraran na Malata.
Álvaro Cervera igualará hoxe a Jose Luis Oltra como técnico con máis partidos na historia do club canario. 160. Día de celebración e no que estará repesentada a afección ferrolá.