Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Racing mantén a calma malia un inicio sen vitorias logo de sete xornadas

O Racing mantén a calma malia un inicio sen vitorias logo de sete xornadas

A confianza é plena en Cristóbal, pero saben que precisan unha reacción inminente despois dun inicio de campionato moi deficiente

G24.gal 30/09/2024 21:00

Quen non reacciona é o Racing. É penúltimo na clasificación e en Córdoba agudizou a crise. O Córdoba foi moi superior desde o inicio. Comezou marcando Isma Ruíz tras un fallo da defensa ferrolá. Despois do descanso empataría Jauregui a centro de Bebé. É o terceiro de Jauregui na temporada, terceiro de catro goles que leva o equipo de Cristóbal.

Co empate, o Racing defendeu de maneira deficiente. Marcaba Antonio Casas o segundo, e o terceiro gol do Córdoba foi unha cabezada de Lapeña.

Pobre partido do Racing no Arcángel. Cristóbal asume os erros ao remate do encontro e sabe que deben mellorar de xeito inminente. 

O Racing é penúltimo clasificado, con tres puntos en sete xornadas. Só mellora os rexistros dun Tenerife que xa cambiou de adestrador. E está a máis dun partido da permanencia. A vindeira xornada terá que recibir o Elxe na Malata. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade