Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Racing golea en Badaxoz e manténse no máis alto da 1.ª RFEF

O Racing golea en Badaxoz e manténse no máis alto da 1.ª RFEF

Os de Cristóbal vencen por 0-3 nun partido que tiveron controlado en todo momento

O Racing deitouse como líder grazas ao gol de Chacón no tempo engadido

Foto: @racingferrolsad
G24.gal 01/10/2022 22:16

O Racing suma e segue. Os ferroláns sumaron a quinta xornada sen perder deste inicio ligueiro, seguen invictos e só cederon un empate no que vai de Liga. En Badaxoz impuxéronse con oficio e sen pasar excesivos atrancos.

O partido foi costa abaixo para o Racing desde o minuto dez, cando Cordero marcou en propia porta logo dun bo centro de Heber. Un cuarto de hora máis tarde, un penalti sobre o propio Heber permitíalle a Manu Justo establecer o 0-2 co que xa se chegou ao descanso.

Na segunda metade foi expulsado José Mas, e o Racing deixou esmorecer o partido, aínda que tivo a ocasión de facer o terceiro no tempo engadido e Chacón non a desaproveitou. O 0-3 permitiulles aos de Cristóbal deitárense como líderes da Primeira Federación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar