Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Racing esquece o infortunio inicial e remonta na Malata

O Racing esquece o infortunio inicial e remonta na Malata

G24.gal 13/02/2022 14:24

Na Malata, infortunio inicial, con final feliz. Saíu o Rácing disposto a recuperar a súa candidatura ao ascenso. Pero co peso de levar catro xornadas sen gañar. Ambición lastrada pola realidade da clasificación. E así, nun momento tan delicado, non podía empezar peor o partido: con gol en propia porta no minuto 1. O centro era de Caballero, e o erro de Yeferson Quintana, que querendo axudar, estraga o comezo. Tocaba erguerse. Ánimos dende o banco, dende dentro, e a bancada da Malata que tamén reaccionou axiña .Tardou 25 minutos en empatar o equipo ferrolán. Fíxoo cun bo centro de Nathan Palafoz. Tocou David Rodríguez e recolleu para varrer para a casa, Alayeto. Terceiro gol do navarro.

Por méritos tamén debeu subir ao marcador o gol que intentaron elaborar o propio Alayeto e David Rodgiguez no minuto 40. O remate de chilena do dianteiro de Talavera ía envelenado á escadra. Pero tamén loable foi a parada do gardameta.

Empate no descanso e na segunda parte choveron tantas ocasións como auga do ceo. O partido estaba moi aberto cando o árbitro indicou penalti a favor dos locais por man na área. David Rodríguez marcou así o 2 a 1 no minuto 64. Con este resultado axustado houbo tensión ata o último momento. Pero no 89 unha gran xogada de Joselu, suplente hoxe finalizou co definitvo 3 a 1 co balón empurrado entre o defensa e David del Pozo.

Vitoria final que levanta ánimo e clasificación do Racing de Ferrol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos