Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing empata e segue en ascenso directo

O Rácing empata e segue en ascenso directo

Poucas ocasións nun partido igualado

Pere Milla tivo a máis clara do partido, pero rematou ao pau

G24.gal 13/01/2024 21:12

Coa Malata a rebosar presentábase o Rácing tras a eliminación na Copa ante o Sevilla. A afección estaba entregada e o Rácing comezou moi ben con intentos de Losada e Vadillo, que non se puideron concretar. Co paso dos minutos, o partido entrou en tensión. Ambos equipos buscaban facerse co balón, pero as chegadas eran mínimas. Deu avisos tamén o equipo catalán con disparos afastados de Edu Expósito e Puado, quen estivo moi activo. A ocasión máis clara chegou no minuto 35. Cun balón longo, Pere Milla plantouse diante de Cantero, caneouno a el mais a Delmás. Con todo a pracer, Delmás repúxose e chegou a desviar, minimamente, o balón enviándoo ao pau. Salvouse o Rácing. 

A segunda metade non brillou polas oportunidades. O partido foi nivelado en canto xogo, pero os ataques non tiveron o mellor partido. O primeiro disparo entre paus do Rácing chegou no minuto 67 cunha cabezada de Jon García que detivo Pacheco sen problemas. Nos derradeiros minutos, no 83', a saída dun córner os de Cristóbal Parralo pediron penalti tras unha agarrada a Chuca, que volvía aos terreos de xogo despois de 15 xornadas sen xogar.

O Rácing mantense 2º con 38 puntos, a expensas do que faga o Spórting mañá. O Español é 4º, con 35.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade