Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán reforza o seu xogo interior co internacional croata Danko Brankovic

O Breogán reforza o seu xogo interior co internacional croata Danko Brankovic

Brankovic destaca pola súa envergadura, mobilidade, capacidade intimidatoria, eficacia preto do aro e solvencia no tiro a media distancia

G24.gal 08/07/2025 11:34 Última actualización 08/07/2025 12:59

O Río Breogán reforza o seu xogo interior coa incorporación do pivote internacional croata Danko Brankovic, un xogador de 24 anos e 2,17 metros de estatura, que chega procedente do Bayern de Múnic.

Formado nas categorías inferiores do KK Cibona, Brankovic debutou co primeiro equipo antes de ser cedido ao KK Dubrava. En 2022 asinou co Bayern de Múnic, club que o cedeu ao Mega Basket serbio, onde destacou cunha media de 12,9 puntos, 6,7 rebotes e 2 tapóns por partido. O seu rendemento valeulle o regreso ao conxunto bávaro para a tempada 2023/24.

Durante a súa etapa no Bayern, Brankovic conquistou dous títulos de liga (2023/24 e 2024/25) e unha Copa de Alemaña. Na última tempada da Bundesliga acadou unha media de 4,6 puntos e 2,6 rebotes por encontro.

Na Euroliga disputou, nas dúas últimas tempadas, 51 partidos, cunha media de 4,3 puntos e 2,2 rebotes en 10 minutos de xogo.

Internacional absoluto coa selección de Croacia, Danko Brankovic destaca pola súa envergadura, mobilidade, capacidade intimidatoria, eficacia preto do aro e solvencia no tiro a media distancia.

Coa súa fichaxe, o Río Breogán completa a posición de cinco cun xogador novo, pero tamén con experiencia en ligas de primeiro nivel e cun gran potencial para seguir medrando como profesional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar