Cargando resultados...
O Rácing empata co Córdoba (1-1) e segue invicto
G24.gal
22/10/2022 19:09
O Rácing de Ferrol empatou na Malata fronte ao Córdoba nun emocionante duelo entre equipos aspirantes ao ascenso.
Casas marcou para os andaluces nada máis comezar o partido e Joselu igualou no segundo tempo. Polo medio, chegaron dúas lesións aparentemente graves de Fernando Pumar e Luca Ferrone, os dous laterais titulares do Rácing.
Os ferroláns seguen invictos e manterán o primeiro posto. Cristóbal amosouse moi contento coa actuación do seu equipo, e coa reacción despois de encaixar o gol moi axiña, pero queixouse das lesións de Pumar e Ferrone, que dixo que poden ser graves, e que condicionaron os cambios.