Cargando resultados...
O Rácing decide diante do Arenas pola vía rápida (3-1)
Tres goles nos primeiros 19 minutos marcaron a diferenza para os ferroláns
G24.gal
18/10/2025 17:08
Dous goles de Pascu nos cinco primeiros minutos e outro de Álvaro Ramón, no 19, decidiu moi axiña o partido do Rácing de Ferrol diante do Arenas de Getxo.
O equipo vasco conseguiu marcar un fermoso gol contra o final. Levou a sinatura de Ander Sustaxa.
O Rácing colócase provisionalmente no segundo posto, a dous puntos do líder, o Tenerife.