Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing de Ferrol xoga ante un Rácing de Santander en forma: 16 puntos de 18 posibles

O Rácing de Ferrol xoga ante un Rácing de Santander en forma: 16 puntos de 18 posibles

Moi Delgado: "Se facemos un bo partido, podemos lograr os tres puntos"

G24.gal 25/10/2023 16:32 Última actualización 25/10/2023 16:38

Moi Delgado é un dos compoñentes do Rácing de Ferrol con pasado no Rácing de Santander. O sevillano asegura que garda un gran recordo do seu paso polo club de Cantabria, unha cidade moi bonita e o lugar no que tivo o seu primeiro fillo.

"Santander é un equipo ao que lle teño moito agarimo, xa que estiven alí un ano. Foi moi bonito xogar no Sardinero".

Os ferroláns xogan ante un Rácing de Santander en forma. Os cántabros suman 16 puntos de 18 posibles

"Eles están nunha boa dinámica, levan tres vitorias dunha forma consecutiva, aínda que nós cremos no noso fútbol e tamén pensamos que lle podemos gañar a calquera. Se facemos un bo partido podemos lograr os tres puntos".

Sobre o club insiste en que el só pensa en que o Rácing consiga a permanencia e a partir de aí "xa se poderá soñar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos