Cargando resultados...
O Rácing de Ferrol incorpora a Raúl Dacosta
O Rácing de Ferrol asina o ourensán dende o Barcelona Atlètic

G24.gal
09/08/2025 15:11
O Rácing de Ferrol anunciou a fichaxe do extremo ourensán Raúl Dacosta procedente do filial do Barcelona. O xogador de 23 anos retorna a Galicia por primeira vez desde 2018 cando abandonou as categorías inferiores do Celta de Vigo para ir ao Real Madrid para posteriormente enrolarse no Español e a Ponferradina.
Na última temporada co filial blaugrana disputou 27 partidos nos que logrou 3 asistencias en 1.978 minutos. A súa mellor temporada foi a 23/24 coa Ponferradina coa que lograría 3 goles e 6 asistencias en 23 partidos.
Dacosta é un xogador que pode desenvolverse en todas as posicións de ataque e mesmo de mediapunta por detrás dun nove.