Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing dá un golpe de autoridade en Tenerife (0-1)

O Rácing dá un golpe de autoridade en Tenerife (0-1)

Un gol de Zalaya no minuto 87 permítelles aos ferroláns engancharse de cheo á pelexa polo ascenso

Foto: @racingferrolsad
G24.gal 14/02/2026 20:40

O Rácing amargoulle o entroido o Tenerife nun partido no que foron de menos a máis e no que souberon aproveitar o seu momento para levar a vitoria.

Os insulares saíron mellor con catro remates no primeiro cuarto de hora resoltos por un Parera moi seguro.

Dezasete minutos tardaron en achegarse os ferroláns, pero cando o fixeron foi para crear a mellor oportunidade do primeiro tempo nun dobre remate de Álvaro Ramón que rexeitaron primeiro o poste e posteriormente Dani Martín.

Un exceso de confianza de Migue ante Eric Gallego a piques estivo de saírlles cara aos racinguistas antes de marchar ao descanso, pero de novo apareceu Parera para evitar o gol.

Tras a parada, a marcha verde saíu lanzada. Migue Leal probou fortuna tentando sorprender a Dani Martín que respondeu con acerto.

Os dous porteiros foron os grandes protagonistas do encontro con paradas salvadoras. Como esta posterior de Parera a remate de Fabricio.

E pouco despois Fabio saca baixo paus un disparo de Enric Gallego.

En pleno intercambio de golpes, chegou o tanto da vitoria ferrolá. Tejera saca unha falta rematada por Zalaya de estupenda cabezada. Era o minuto oitenta e sete.

A confirmación do triunfo tivo que agardar ata o oito da prolongación cando o colexiado, a petición do banco tinerfeño, revisou un posible penalti na área racinguista, que finalmente quedou en nada. O triunfo permítelles aos galegos volver provisionalmente os postos de promoción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar