O Rácing mantén a raia o Linares (1-1)
Héber marcou o gol que mantén a diferenza de catro puntos diante dun rival directo
O Rácing sacou un punto do campo do Linares nun partido no que foi por detrás no marcador durante moitos minutos. Un empate que sabe a vitoria grazas ao gol de Héber Pena a oito minutos do final.
Partido de poucas ocasións o que se viu en Linarejos, cos dous equipos tentando neutralizar o seu oponente. Foi o Rácing o que deu un par de avisos pero adiantouse o Linares cun gol de Hugo Díaz no minuto 25.
O Rácing puido empatar antes do descanso pero Carlos Vicente fallou na área pequena despois dun lanzamento de Héber.
O segundo tempo foi de dominio departamental pero sen xerar ocasións diante da porta local. De feito, a primeira gran ocasión do Rácing foi a que xerou no 82 cunha boa combinación culminada de Héber Pena. Un empate que mantén os de Parralo en play off e con catro puntos e diferenza de goles favorable co Linares.