Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing deixa fuxir a vitoria contra o pechacancelas (1-1)

O Rácing deixa fuxir a vitoria contra o pechacancelas (1-1)

David Castro adiantou os ferroláns nun remate que Mejías non atinou a despexar

Rodri empatou o choque cando quedaban menos de dez minutos

Foto: @mijanphoto
G24.gal 28/01/2023 21:16

Deixa frío o punto logrado polo Rácing na Malata fronte ao Ceuta.  Un erro do porteiro visitante semellaba decidir o partido pero antes desa acción tivo que aparecer para desbaratar algunha das boas xogadas  de ataque dun Rácing que comezou o encontro con pulo. O gardameta Mejías tivo que aparecer cun remate de Carlos Vicente. No primeiro cuarto de hora buscou o gol Manu Justo e tamén un brillante Luis Chacón, que o tentou desde lonxe.

Co paso dos minutos foise nivelando o partido e á volta do descanso o Ceuta tivo opcións. Adri Cuevas atopouse con Gazzaniga. O gol racinguista foi afortunado. Soe xerar perigo David Castro na estratexia pero este vez  o seu feble remate atopouse co agasallo de Mejías, que non é capaz de impedir que o balón remate na rede.

O erro flagrante do porteiro parecía deixar os puntos na casa pero o Ceuta tivo a capacidade de aproveitarse das dúbidas de Cristóbal. O tanto da igualada foi impecable. Un bo control, un pase para o desmarque de Rodri e axeitada definición do nove do Ceuta. Contra o límite o debutante Manel Martínez tivo a opción do empate. Sen éxito. Dous puntos voaron da Malata.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade