Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing abre unha ampliación de capital coa idea de chegar preto dos 6 millóns de euros

O Rácing abre unha ampliación de capital coa idea de chegar preto dos 6 millóns de euros

O grupo Élite achega 3,7 millóns de euros

G24.gal 28/07/2023 14:09 Última actualización 28/07/2023 14:15

A xunta de accionistas do Rácing, en que participaron 5 accionistas que representaron o 76,69 % do accionariado, aprobou esta mañá ir a unha ampliación do capital social ata levalo a máis de cinco millóns de euro, en concreto 5.087,918, 40 euros. O grupo Élite achega 3,7 millóns de euros.

O importe deste primeiro tramo de aumento do capital social será de 3.721,151,60 euros mediante a creación de 154.790 novas accións a un prezo de 24,04 euros por acción. Haberá unha segundo tramo de aumento do capital social ao obxecto de respectar o principio de igualdade de trato aos socios.

Nesta segunda etapa buscarase ampliar o capital social en 1.49.905 euros, ata un máximo de 47.833 accións a 24,04 euros cada unha. Con esta segunda ampliación o capital social do Racing elevarase ata os 6.237.83 euros no caso de que se subscriba a totalidade das 47.833 novas accións.

Esta medida de aumento do capital social tómase polas esixencias do Consello Superior de Deportes e Liga de Fútbol Profesional, que son os que estimarán o capital social que debe de ter o Rácing, para poder competir na liga de Fútbol Profesional. Aínda non se coñece o que lle esixirán ao Rácing, aínda que calculan que serán ao redor dos cinco millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade