Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSOE elixe a vicepresidenta Ribera como cabeza de lista ás eleccións europeas

O PSOE elixe a vicepresidenta Ribera como cabeza de lista ás eleccións europeas

A proposta elevarase para a súa votación o vindeiro sábado, día 27, ao Comité Federal, do que sairá a lista definitiva

A vicepresidenta Teresa Ribera (Jesús Hellín - Europa Press) A vicepresidenta Teresa Ribera (Jesús Hellín - Europa Press)
G24.gal 24/04/2024 11:11 Última actualización 24/04/2024 11:31

A Comisión Executiva Federal do PSOE propuxo a vicepresidenta terceira do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, como cabeza de lista da candidatura socialista ás eleccións ao Parlamento Europeo que se celebrarán o próximo 9 de xuño.

Nun comunicado, o máximo órgano do PSOE sinalou que propón a Ribeira para liderar a lista electoral dos socialistas ás eleccións ao Parlamento Europeo e que o seu nome se incorpore este venres no Comité de Listas, que confeccionará o ditame xunto coas propostas chegadas de todas as federacións que os militantes puideron votar ata o pasado sábado, día 20.

"Queremos máis Europa, máis xusta e solidaria, máis social, verde e feminista", afirmou a vicepresidenta na rede social X.

"Sabemos que esta é a axenda que garante progreso e benestar", engadiu, para subliñar que par ela é "unha honra" ser proposta para encabezar a lista do PSOE ao Parlamento Europeo, "seguindo os pasos de Josep Borrell". Ao seu xuízo, Borrell "é un exemplo para todos". 

A proposta elevarase para a súa votación o vindeiro sábado, día 27, ao Comité Federal, do que sairá a lista definitiva. 

Os socialistas destacan a Ribera como "líder" no ámbito europeo da transición enerxética e "da xustiza social" e inciden en que a vicepresidenta conseguiu para as empresas españolas maior competitividade e impulsou leis como a do Cambio Climático e Transición Enerxética, o Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima ou a Estratexia de Descarbonización a longo prazo.

Destacan a solución ibérica, unha iniciativa liderada polo Goberno e a propia Ribera que "supuxo un aforro de máis de 5.000 millóns de euros para a maioría de fogares españois no peor momento da crise enerxética de Europa e logrou abaratar a factura da luz case un 30 %".

Tamén resaltan os seus logros por conseguir a redución do IVE da luz ou a bonificación dos carburantes así como a reforma do mercado da electricidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos