Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSdeG reclama á Xunta axudas para o cerco ante o paro biolóxico do xurelo

O PSdeG reclama á Xunta axudas para o cerco ante o paro biolóxico do xurelo

Formoso urxiu medidas para aguantar ata a próxima campaña, en que, segundo aventurou, se mellorarán as cotas

G24.gal 26/12/2022 14:43

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, pediu este luns á Xunta que poña en marcha axudas destinadas a compensar a inactividade por parte da frota do cerco de Galicia, que debe afrontar un paro biolóxico durante tres meses.

Formoso, que esta mañá mantivo un encontro cos responsables da Asociación de Cerco de Galicia -Acerga-, pediu ao Goberno galego “implicación” co sector, afectado pola perda de cota na pesca do xurelo.

O responsable socialista salientou que a repartición de cotas “penaliza claramente” á pesca do xurelo, que é “base e sustento económico do sector do cerco de Galicia”, da que viven 67 barcos e máis de mil mariñeiros a quen a nova repartición “non lles dá nin para pagar os mínimos custos de supervivencia económica”.

Por tanto, considerou que a Xunta debería “dar soporte a todo o sistema social e económico” do sector para que poida chegar á próxima campaña na que, aventurou, se mellorán as cotas xa que as conversas co Ministerio “van polo bo camiño”.

Pola súa banda, o secretario de Acerga, Alberto Castro, emprazou tanto á Xunta como á Secretaría Xeral de Pesca a conceder un “paro temporal de entre 2 e 3 meses” que lle permita á frota subsistir ata a apertura das campañas da cabala e da anchoa. “Esperemos que teña solución”, sinalou Castro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade