Cargando resultados...
O PSdeG pídelle á Xunta que reforce o sistema sanitario
Lara Méndez di que desde 2009 desapareceron mil profesionais sanitarios
Os socialistas din que fan falla 140 millóns de investimento
G24.gal
08/08/2022 12:20
Última actualización 08/08/2022 13:07
O PSdeG pídelle á Xunta que reforce o sistema sanitario con investimentos en persoal, para evitar o colapso de centros hospitalarios, PAC e, sobre todo, na atención primaria, especialmente nesta época en que a poboación de moitas vilas se triplica.
A vicesecretaria xeral, Lara Méndez, di que a falla de persoal sanitario na atención primaria está colapsando os centros hospitalarios e PAC. Calculan que fai falta investir 140 millóns de euros para reforzar o persoal sanitario.