Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSdeG e o BNG firman o pacto para aprobar os presupostos de 2026 na Coruña

O PSdeG e o BNG firman o pacto para aprobar os presupostos de 2026 na Coruña

Inés Rey, alcaldesa da Coruña, e Francisco Jorquera, portavoz do BNG, aprobaron os presupostos de 2026 para a cidade que ascenden a algo máis de 375 millóns de euros 

Rey destaca que son presupostos cun "forte compoñente social"

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, e o portavoz municipal do BNG, Francisco Jorquera, tras a firma do acordo sobre os presupostos para 2026-Andy Pérez A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, e o portavoz municipal do BNG, Francisco Jorquera, tras a firma do acordo sobre os presupostos para 2026-Andy Pérez
G24.gal 29/12/2025 15:47

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, e o portavoz do grupo municipal do BNG, Francisco Jorquera, asinaron este luns o pacto para aprobar os orzamentos de 2026, unhas contas que ascenden a algo máis de 375,3 millóns de euros, un 1,1 % menos ca o deste ano.

"Quero agradecerlle ao BNG, e en especial ao seu portavoz, a súa capacidade de diálogo e de chegar a acordos poñendo por encima de calquera outro interese os desta cidade", dixo Rey durante a firma.

A alcaldesa destacou que se trata duns orzamentos "progresistas", cun "forte" compoñente social, plasmado nos 42,6 millóns destinados a protección e promoción social, dez máis que no exercicio actual.

"E, por suposto, son presupostos cos que impulsaremos a parte que nos corresponde do novo CHUAC, a condición de que a Xunta teña a ben axilizar prazos e acabar cos atrasos que acumulan", referiu Rey, que tamén citou os investimentos na estación intermodal e a Cidade das TIC.

As contas prevén investimentos en todos os barrios da cidade, con 58 millóns de euros destinados a actuacións como o plan de parques infantís en Novo Mesoiro e Ventorrillo, as instalacións deportivas na avenida de Cádiz, Nosa Señora de Fátima, Sacra Familia ou Elviña, e a rolda peonil entre San Diego e Observatorio.

Outro dos compoñentes dos orzamentos é a vivenda, con 4,2 millóns de euros para terminar a promoción pública en Xuxán, 1,5 millóns para a Empresa Municipal Vivenda Servizos e Actividades (EMVSA) para xestionar o parque municipal de vivenda pública, 1,5 millóns en axudas para rehabilitación e 1,1 millóns para accesibilidade.

Por último, Rey sinalou que non se incrementará a presión fiscal e as contas prevén a conxelación da "gran parte" dos tributos municipais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade