Publicador de contidos
Publicador de contidos

Formoso insta o resto de partidos políticos a chegar a un acordo para que Jácome non siga na alcaldía de Ourense

Formoso insta o resto de partidos políticos a chegar a un acordo para que Jácome non siga na alcaldía de Ourense

Valentín González Formoso dixo que era necesario dar este paso tras a agresión do alcalde a unha das sindicalistas nun dos actos de protesta diante do concello durante a folga de transporte

G24.gal 05/05/2022 13:56

O PSdeG apela ao PP e ao resto dos partidos para chegar a un acordo para que Pérez Jácome non siga na alcaldía de Ourense. Valentín González Formoso dixo que era necesario dar este paso tras a agresión do alcalde a unha das sindicalistas nun dos actos de protesta diante o concello durante  da folga de transporte. Esta tarde hai na cidade unha manifestación para condenar esta agresión a que os socialistas confirmaron que acudirán. 

 "Para evitar que Jácome poida seguir representando a cidadanía, senten nunha mesa e poidamos chegar a un acordo. Aínda que quede un ano, un mes, un día de lexislatura é necesario que as forzas políticas sensatas, as serias, as que son conscientes de que as institucións deben ser respectadas e respectables, nos poñamos a traballar", dixo González Formoso, nun acto cos construtores na Coruña.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade