Publicador de contidos
Publicador de contidos

O próximo curso Galicia empeza a aplicar a redución de 'ratios' nas aulas

O próximo curso Galicia empeza a aplicar a redución de 'ratios' nas aulas

Arranca en cuarto de infantil, cun límite de 20 estudantes por aula

G24.gal 31/03/2024 13:14 Última actualización 31/03/2024 13:47

A redución de ratios nas aulas dos colexios públicos galegos aplicarase progresivamente, empezando o curso que vén en cuarto de infantil, onde non se admitirán máis de 20 cativos e cativas por clase.

"Vaise optar por un ensino máis individualizado, o que vai repercutir beneficiosamente nos alumnos", afirma Antonio Leonardo, o presidente da Asociación de Directores de Colexios Públicos da Coruña.

Hai algúns colexios con máis demanda que prazas. Antonio Leonardo admite que a redución de ratios pode ampliar esa dificultade pero considera que compensa.

"Hai que poñer na balanza: ensino máis individualizado ou que igual algún neno teña que mudar para un colexio que está un pouco máis afastado? Penso que a decisión é aceptada", reflexiona.

As cousas van cambiando nas aulas, pero non todo para ben. O último informe do Defensor do profesor revela que o 22 % do persoal docente sofre faltas de respecto. Antonio Leonardo sente que se dubida do traballo que fan.

"Habería que facer unha reflexión na sociedade para ver por que mudou isto, pero realmente os docentes o único que queremos é o mellor para os nosos alumnos. Iso téñoo clarísimo", asevera Antonio Leonardo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade