O programa #anosaverbena recupera festas patronais en tres novos puntos de Galicia
Nalgún dos casos levaban máis de 40 anos sen verbena
Con estes son xa máis de 20 lugares onde se recuperaron as verbenas da man de Estrella Galicia
Celaguantes, na Peroxa; Sabadín, en Moraña, e Santa María de Gondar son os tres lugares en que este ano volverá haber verbena polas festas patronais despois de moitos anos.
Recuperar esas celebracións populares aló onde as circunstancias levaron á súa desaparición é o obxectivo do programa A Nosa Verbena, que un ano máis leva a cabo Estrella Galicia. Coas tres desta edición son xa máis de vinte as verbenas restauradas na nosa comunidade que, unha vez recibido ese impulso inicial da cervexeira, deben atopar o xeito de se manter por si mesmas.
"Vai ser unha festa única, agardo que veña moita xente dos arredores", contounos Ana, da Asociación de Veciños de anta María de Gondar. "Xuntáronse familias de moitos lugares para recuperar unha festa que había 42 anos que non se facía, agora queren máis este ano e estamos buscando os recursos", confesou Sandra, que o ano pasado axudou a restaurar unha verbena común a varias aldeas de Pedrafita do Cebreiro.