O profesor Williams, pioneiro do ilusionismo en Vigo, fai 95 anos
Acode puntual cada semana á súa cita cos membros da Asociación de Ilusionistas de Vigo
Leva practicando a maxia desde os 12 anos e con 95 segue en activo
Ás portas de facer 95 anos, o vigués Guillermo Rodríguez, coñecido como o profesor Williams, non deixa de sorprender cos seus trucos de maxia.
Pioneiro do ilusionismo en Vigo, tiña 12 anos cando comezou a formarse de xeito autodidacta impresionado polos magos que vira nos circos.
Banqueiro de profesión este hobby o levou a alternar con mediáticos ilusionistas como Juan Tamariz.
O profesor Williams tamén actuou nos mellores escenarios e noutros lugares insospeitados coma un convento ou unha prisión. Entre os moitos trucos que fixo, algúns con moito éxito.
Trucos que el mesmo se encarga de subir á súa canle de YouTube tras acudir cada semana á cita cos seus colegas da Asociación Viguesa de Ilusionismo, da que é presidente honorífico.
Mañá fará 95 anos rodeado de colegas aos que segue a asombrar incluso nas distancias curtas.