Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os príncipes de Gales canda Henrique e Meghan, xuntos por primeira vez tras máis de dous anos

Os príncipes de Gales canda Henrique e Meghan, xuntos por primeira vez tras máis de dous anos

O príncipe Guillerme, novo herdeiro británico, emitiu unha emotiva mensaxe de despedida a Isabel II: "Honrarei a miña avoa apoiando a meu pai"

G24.gal 10/09/2022 19:47 Última actualización 10/09/2022 21:53

O príncipe Guillerme, herdeiro ao trono británico, emitiu este sábado unha emotiva mensaxe en lembranza da súa avoa, a defunta raíña Isabel II. «Honrarei a súa memoria apoiando o meu pai, o rei, en todo o que poida»,

É a primeira declaración pública do príncipe de Gales desde a morte da soberana aos 96 anos o xoves pasado no castelo escocés de Balmoral e despois de que o seu pai fora proclamado oficialmente este sábado como rei Carlos III.

Guillerme dixo que, co falecemento de Isabel II, o mundo «perdeu unha líder extraordinaria», pero el quedou sen a súa "avoíña", á que agradece gozar do seu apoio e consello durante moitos anos.

Outra das imaxes da xornada captámola en Windsor. Os principes Guillerme e Henrique, que levaban distanciados desde hai un ano, saíron hoxe xuntos saudar a xente.

Canda as súas mulleres, Catarina e Meghan, achegáronse ás persoas congregadas no exterior do castelo para expresar o pésame pola morte de Isabel II. Vestidos de loito rigoroso, os novos príncipes de Gales e os duques de Sussex, miraron as flores e leron as tarxetas e debuxos de nenos que foron depositados nas últimas horas.

É á primeira vez en máis dun ano que vemos xuntos os dous irmáns, despois de que Henrique e Meghan decidiran afastarse da monarquía para ir vivir aos Estados Unidos. O príncipe de Gales e a súa dona convidaron aos duques de Sussex a saudar aos que lle rendía homenaxe á raíña no castelo de Windsor.

A imaxe supón un xesto de reconcialición pública tras máis de 30 meses distanciados, que só logra romper a morte de Isabel II.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade