Publicador de contidos

Publicador de contidos

O primeiro polbo do verán tras a veda pagouse ata os 13 euros na lonxa de Bueu

O primeiro polbo do verán tras a veda pagouse ata os 13 euros na lonxa de Bueu

G24.gal 03/07/2023 20:27 Última actualización 03/07/2023 21:01

O luns chegaban aos nosos portos as embarcacións coas capturas de polbo na primeira xornada xa sen veda. 

Dende o 19 de maio ata hoxe non había polbo nas lonxas porque estaba vixente a veda. Así que, despois de mes e medio, este que ven é o primeiro polbo galego do verán.  Ningún barco chegou ao cupo máximo permitido, 55 quilos por tripulante e 55 quilos máis por barco.

Na lonxa de Bueu pesaron 2.800 quilos este luns e o prezo oscilou entre seis euros o quilo da unidade pequena e trece euros o quilo do polbo máis grande. 

Aínda que sexa verán, nesta zona os meses de xullo e agosto tamén extraen un polbo de gran calidade e consistencia. Por exemplo, o da illa de Ons é moi afamado. A temporada anterior a esta veda Galicia pescou dúas mil toneladas de polbo, o cal supuxo 18 millóns de euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade