Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sunak destitúe o presidente do Partido Conservador e ministro Nadhim Zahawi

Sunak destitúe o presidente do Partido Conservador e ministro Nadhim Zahawi

Segundo o líder británico, o dirixente destituído violou o código ético do Goberno

Nadhim Zahawi é un refuxiado iraquí que chegou ao Reino Unido fuxindo de Saddam Hussein
G24.gal 29/01/2023 20:17 Última actualización 29/01/2023 20:31

O primeiro ministro británico Rishi Sunak destituíu o presidente do Partido Conservador e ministro sen carteira Nadhim Zahawi por violar o código ético do Goberno.

O mandatario dixo que o dirixente cesado ocultou información relevante sobre os seus preitos con Facenda cando foi nomeado. 

Petición da oposición

Zahawi, un refuxiado kurdo iraquí que chegou ao Reino Unido fuxindo de Saddam Hussein, tivo que pagar unha multa da Facenda británica de case cinco millóns e medio de euros.

Boa parte da prensa e a oposición británica levaban días pedindo a dimisión ou a destitución do mandatario conservador.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade