O primeiro equipo do Santiago Fustal non competirá na 22/23
O histórico club galego gañou a Copa de España en 2006 e a Recopa de Europa en 2007
O Federación Española de Fútbol non inscribiu o Santiago Futsal na 2B e tampouco aceptou a solicitude para competir na segunda categoría pola renuncia do Imperial. Un histórico do fútbol sala galego que desaparece cun amplo historial ás súas costas.
Ascendeu en 2003 á LNFS e mantívose na elite durante quince temporadas. Durante moitos anos, coa denominación de Autos Lobelle, paseou o nome de Santiago por España e por Europa. Gañou a Copa de 2006, a Recopa de 2007, títulos dos que foi subcampión no 2010 e 2008 respectivamente. Tamén se impuxo na Supercopa de 2010.
Os últimos anos foron unha agonía económica agardando recompoñer a estrutura da entidade. Pero neste agosto de 2022 confirmouse o peor dos desenlaces.