Cargando resultados...
O prezo para viaxar en tren de Madrid a Galicia vai dos 50 aos 120 euros días antes da Noiteboa
Os usuarios aseguran que notan unha tendencia á alza para esas datas sinaladas
O ano pasado para esas festas rexistráronse máis de dous millóns de pasaxeiros que utilizaron os trens de alta velocidade
G24.gal
23/11/2025 15:14
Última actualización 23/11/2025 15:31
A un mes do Nadal os prezos máis elevados da alta velocidade atopámolos en Vigo. Os que queren vir desde Madrid os días previos á Noiteboa atopan os prezos dos billetes que xa superan os 120 euros.
Esta situación non é inusual, xa que outros anos xa se rexistraron prezos elevados. Os usuarios aseguran que notan unha tendencia á alza para esas datas sinaladas.
Moitos elixen Galicia como destino, o ano pasado para as festas do Nadal rexistráronse máis de dous millóns de pasaxeiros que utilizaron os trens de alta velocidade.