O prezo dos carburantes acada máximos anuais
Non se rexistraban niveis tan altos dende 2013
O gasóleo para calefacción custa case o dobre ca hai un ano
O prezo dos carburantes continúa o seu imparable ascenso. Dende que comezou o ano encareceron arredor dun 28 % e encher o depósito custa uns 18 euros máis.
Os condutores din que os prezos son moi elevados para os que precisan do coche a diario, outros amósanse resignadas ante algo que é imprescindible e mesmo hai quen amosa o seu malestar en plena estación de servizo.
"Uns comentan moito subides, outros máis grotescos din pero como roubades, así", di o empregado dunha estación de servizo.
O elevado prezo dos carburantes afecta tamén os fogares con caldeiras a gasóleo, que se paga agora case ao dobre ca hai un ano.
O prezo dos combustibles ten repercusión directa nos gastos fixos dos fogares e pon en risco a economía de moitas familias.