Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xihadista detido en Ribadumia quería combater nas filas do DAESH

O xihadista detido en Ribadumia quería combater nas filas do DAESH

A Policía Nacional advirte do "alto grao de radicalización" do arrestado que se atopa en prisión provisional sen fianza

O seu consumo prolongado de publicacións radicais a través das redes levaron ao seu arresto o pasado martes

O detido nunha imaxe extraída do vídeo da Policía Nacional O detido nunha imaxe extraída do vídeo da Policía Nacional
G24.gal 28/02/2026 10:44 Última actualización 28/02/2026 11:27

A Policía Nacional advirte do "alto grao de radicalización" do presunto xihadista detido o pasado martes en Ribadumia. Segundo explica nun comunicado, quería unirse ao DAESH para combater nas súas filas.

O xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz decretou prisión provisional sen fianza para o arrestado ao que se lle atribúen os delitos de enaltecemento do terrorismo, autocapacitación e adoutrinamento activo a terceiros.

De acordo coa información da Policía, no seo dunha ampla armazón xihadista virtual, e baixo estritas medidas de seguridade, o investigado enviou material da organización terrorista a un gran número de usuarios, exteriorizando a súa adhesión ao Estado Islámico.

Ademais, "manifestou a terceiras persoas o seu desexo de desprazarse a zona de dominio do DAESH"  para unirse ás súas filas e capacitarse no uso e manexo de armas para combater.

Segundo as forzas de seguridade, o "consumo prolongado de material terrorista" por parte do detido, orientado á capacitación para a comisión de atentados, supoñía un "alto risco para a Seguridade Nacional".

Tras o rexistro domiciliario e a incautación de diversos dispositivos informáticos, o detido foi posto ao dispor xudicial decretándose o seu ingreso en prisión.

A Comisaría Xeral de Información desenvolveu a operación coa colaboración das Brigadas de Información de Valencia, Pontevedra e Vigo, baixo a dirección da Sección de Instrución do Tribunal Central de Instancia Nº 5 da Audiencia Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade