Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vieites defende a reforma laboral como a chave para rematar coa temporalidade

Vieites defende a reforma laboral como a chave para rematar coa temporalidade

O presidente da patronal galega asegura que os sectores produtivos do país estan preocupados polo estancamento económico

Alerta de que a recuperación económica pode perder forza se non se toman medidas nunha direción diferente a actual

G24.gal 20/01/2022 14:24

O presidente dos empresarios galegos, Juan Manuel Vieites defende a reforma laboral como un elemento chave para acadar estabilidade e rematar coa temporalidade, especialmente no sector público. 

Nunha entrevista ao Galicia Por Diante, o presidente da patronal galega fai un chamamento ás forzas políticas para evitar o que considera unha instrumentalización ideolóxica desta reforma.

Vieites pronunciouse tamén pola incerteza laboral dos sectores produtivos do país. Asegura que están pasando por un estancamento económico derivado, entre outros factores, do elevado prezo das materias primas ou a freada do crecemento do PIB provocado pola variante ómicron da covid.  En concreto, advirte que esta variante restará un 2 % de crecemento ao PIB.

Preguntado tamén polas medidas propostas pola patronal para axilizar a tramitación das baixas laborais, Vieites di que o obxectivo principal é evita-lo colapso derivado da burocratización destes trámites toda vez que alerta da impasividade dos gobernos para implantar medidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade