Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O PPdeG pide transparencia sobre os desprendementos na A-6
Demandan coñecer as causas da caída da ponte e as alternativas para arranxala
                            G24.gal
                        
                            18/06/2022 14:02
                        
                        
                                Última actualización 18/06/2022 16:34
                        
                        
                    
                    O PPdeG insiste na necesidade de descubrir as razóns dos desprendementos rexistrados no viaduto da A-6 que une León con Pedrafita.
Reclaman coordinación entre o Goberno central e o autonómico para coñecer canto antes a solución a este problema.
Segundo dixo Paula Prado na presentación do candidato local do PP en Chantada, agardan información sobre este asunto antes de levar a cabo máis medidas.