Cargando resultados...
O PP gañaría hoxe as eleccións pero precisaría de Vox para ter maioría
Os populares conseguirían 125 escanos
O PSOE sería a segunda forza máis votada

G24.gal
27/12/2021 12:33
Se hoxe houbese eleccións xerais, o PP gañaríaas con case o 29 % dos votos, segundo a última enquisa elaborada por Sigma 2 sobre estimación de voto. Os populares lograrían 125 escanos, cinco menos ca no barómetro de novembro, e precisarían de Vox para lograr a maioría absoluta.
O PSOE sería a segunda forza máis votada, co 25,7 % dos votos, sacarían 102 escanos.
Vox obtería o 15,7 % e 52 escanos e Unidas Podemos, o 10,6 % e 46 deputados.
En valoración de líderes, suspenden todos. Os mellor valorados son Pedro Sánchez e Yolanda Díaz, pero non chegan aos 4 puntos.