Publicador de contidos

Publicador de contidos

O presidente Sánchez reivindica desde Mauritania unha migración "segura, regular e ordenada"

O presidente Sánchez reivindica desde Mauritania unha migración "segura, regular e ordenada"

Defende que a inmigración contribúe ao progreso económico de España

España e Mauritania anuncian un reforzo dos seus lazos económicos e políticos

Feijóo pide a deportación "inmediata" do inmigrante irregular que delinca

Pool Moncloa / Borja Puig de la Bellacasa Pool Moncloa / Borja Puig de la Bellacasa
G24.gal 16/07/2025 16:33

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, defendeu este mércores desde Nuakchot (Mauritania) unha migración "segura, regular e ordenada" que, segundo dixo, está contribuíndo ao progreso e á boa situación económica de España.

Nunha declaración conxunta co presidente mauritano, Mohamed Cheij Ghazuani, Sánchez lembrou que España foi no pasado un país de emigrantes que buscaron oportunidades no exterior e afirmou que, hoxe, a inmigración suma no desenvolvemento da economía nacional.

"O progreso e a boa situación económica de España deben moito á achega da migración que vén desenvolver aquí o seu proxecto de vida", destacou.

As súas declaracións prodúcense despois de que grupos ultras provocasen varios días de disturbios en Torre Pacheco (Murcia) con protestas contra a poboación inmigrante.

Colaboración con países emisores de migrantes

Sánchez puxo en valor a "colaboración" con países emisores de migrantes como Mauritania para garantir unha migración que beneficie ambas sociedades. Tamén expresou a vontade de "seguir afondando os lazos" e de ampliar a relación bilateral a "outros moitos ámbitos", facendo fincapé no obxectivo de "elevar a relación económica a un maior nivel de ambición".

O presidente español sinalou ademais que a Unión Europea "comprende o papel vital que desempeña Mauritania na rexión", en referencia ao Sahel, unha área prioritaria para España e a UE, e asegurou que o Goberno continuará traballando para que as relacións co bloque europeo "respondan satisfactoriamente ás demandas de Mauritania".

Mauritania destaca as "excelentes" relacións

Pola súa banda, Mohamed Cheij Ghazuani cualificou de "excelentes" as relacións entre os dous países e agradeceu a Sánchez e a España o "constante apoio" ao seu país, tanto bilateralmente como no marco da UE e noutros foros internacionais.

"Agradecemos moito a súa defensa das causas xustas e tamén da seguridade internacional", afirmou Ghazuani, quen valorou positivamente o compromiso de España co desenvolvemento do Sahel e de toda África.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade