Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta insiste en que non pode acoller máis inmigrantes: "Non podemos ofrecer o que non temos"

A Xunta insiste en que non pode acoller máis inmigrantes: "Non podemos ofrecer o que non temos"

O Goberno aprobou fixa un ratio de acollida de 32 menores por cada 100.000 habitantes 

O Goberno destinará 100 millóns a cubrir traslado e tres primeiros meses de acollida

Luz verde ao último decreto do Goberno para derivar menores inmigrantes ás autonomías

G24.gal 26/08/2025 17:27 Última actualización 26/08/2025 17:44

A Xunta criticou este martes o decreto do Consello de Ministros para activar a derivación de menores inmigrantes non acompañados, e reiterou que Galicia non ten capacidade para acoller máis.

“Somos unha comunidade acolledora e solidaria: nos últimos anos acollemos decenas de menores inmigrantes procedentes de Canarias e Ceuta sempre dentro das nosas posibilidades. Pero non podemos ofrecer o que non temos”, din desde a Consellería de Política Social.

O decreto establece unha ratio de 32 menores por cada 100.000 habitantes

O decreto establece a capacidade ordinaria de acollida en función da poboación, cunha ratio de 32 menores por cada 100.000 habitantes. A Galicia corresponderíanlle por poboación uns 868 menores.

A Xunta considera que esta fórmula “se limita a fixar a capacidade común de acollida segundo o peso de poboación” sen valorar outros factores.

A Administración galega reprocha ademais que o Executivo central aínda non acordou coas comunidades “ningunha repartición de menores inmigrantes e tampouco un financiamento asociado”. Engaden que “o que pretende o Executivo de Sánchez é que as comunidades asuman o 100 % do custo destes acollementos”, polo que advirten que “non van aceptar imposicións do Goberno nesta materia”.

O Goberno destinará 100 millóns a cubrir traslado e tres primeiros meses de acollida

O Executivo estatal asegurou que a derivación de menores irá acompañada dunha partida de 100 millóns de euros co que o Ministerio de Infancia e Xuventude cubrirá os traslados e os tres primeiros meses de acollida.

Por último, a Xunta subliña que aposta por un modelo inclusivo porque “non queremos crear guetos”, segundo indican desde a Consellería de Política Social, e engaden que consideran que “si o quere facer o Ministerio”.

O ministro de Política Territorial, Ángel Víctor Torres, anunciou que o próximo martes terá lugar unha reunión interministerial para iniciar os traslados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade