Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os edís socialistas de Monforte apoian que Tomé cobre como alcalde ao perder o soldo da Deputación

Os edís socialistas de Monforte apoian que Tomé cobre como alcalde ao perder o soldo da Deputación

Tomé dimitiu como presidente da Deputación de Lugo e pediu a baixa do PSdeG tras a denuncia presentada contra el por acoso sexual

Os concelleiros do PP, BNG e Esperta Monforte votaron en contra

O alcalde sostivo que el ten O alcalde sostivo que el ten "o mesmo dereito" que os demais rexedores para "cobrar". Europa Press
G24.gal 26/01/2026 21:25

Os oito edís do PSOE de Monforte e o propio alcalde, José Tome, agora fóra das filas socialistas, apoiaron este luns no pleno municipal o decreto presentado polo rexedor para asignarse unha dedicación exclusiva polo seu labor como rexedor tras dimitir como presidente da Deputación por mor da denuncia por acoso sexual presentada contra el na canle interna habilitada polo PSOE.

Deste xeito, o decreto saíu adiante cos nove votos a favor dos integrantes do goberno municipal e o voto en contra de toda a oposición: os catro concelleiros do PP, dous do Bloque Nacionalista Galego e o edil de Esperta Monforte.

No pleno, a tenente de alcalde, a socialista Gloria Prada, asegurou que os concelleiros socialistas están "súper tranquilos" e van seguir " gobernando" con normalidade.

Pola súa banda, Tomé sostivo que el ten "o mesmo dereito" que os demais rexedores para "cobrar" e asegurou que a situación que vive débese a unha "mestura de lume amigo coa colaboración do Partido Popular".

"Vou dar un dato, pero van saber máis", dixo para asegurar que houbo unha reunión na Delegación da Xunta de Lugo na que, ademais do delegado Javier Arias e a pesar de que "non pintaba nada", "estaba presente a presidenta do PP na provincia, Elena Candia, así como un deputado socialista".

A iso, engadiu que "hai poucos días, nun restaurante de Paradela, estaban a comer catro persoas do PSOE e a un deles chamouno Elena Candia". "Non se se estaban a establecer relacións diplomáticas", ironizou. Neste municipio lucense ao que se referiu Tomé, Paradela, é edil o deputado provincial do PSOE Iván Castro, quen foi o seu rival nas primarias pola Secretaría Xeral do PSOE na provincia.

Tomé asegurou sentirse "moi tranquilo" e avisou de que a súa situación resolverase " cando toque". "E espero que alguén pida perdón, porque cando non hai probas, non existen os feitos nin a culpabilidade, un é inocente, non é culpable", engadiu para asegurar que o que vive "non vai saír gratis".

José Tomé afirmou que a el non lle obrigou ninguén a dimitir do PSOE, senón que o fixo para "non poñer en risco o goberno útil que hai na Deputación de Lugo", un goberno "modelo".

Ademais, negou que o seu soldo vaia a ser de 85.000 euros como denuncia o PP, senón que será de "62.525 euros", polo que a súa nómina será de "3.044 euros", un total de "800 menos dos que cobraba o alcalde do PP en 1996". "Estou a cobrar 10.579 euros menos que o alcalde do PP de hai 30 anos", insistiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade