Publicador de contidos

Publicador de contidos

A morte a tiros doutra persoa en Minnesota desata a tensión contra a política migratoria de Trump

A morte a tiros doutra persoa en Minnesota desata a tensión contra a política migratoria de Trump

As protestas extendéronse por outras cidades dos EUA, nalgunhas delas os paricipantes cargaron contra os axentes federais

A policía mata a tiros un home en Mineápolis en plena crise pola política migratoria de Trump

REUTERS/Tim Evans
G24.gal 25/01/2026 10:18

Centos de persoas na cidade estadounidense de Mineápolis ignoraron as temperaturas baixo cero para honrar a memoria de Alex Pretti, o home que faleceu este sábado polos disparos de axentes federais no marco dos operativos a grande escala ordenados polo Goberno do presidente Donald Trump para arrestar migrantes.

Habitantes da cidade marcharon e participaron en distintas cerimonias ao aire libre en Mineápolis e a veciña Saint Paul, segundo informaron medios locais. Unha das marchas concluíu cunha vixilia preto do lugar onde o home foi abatido a tiros.

Moitos dos participantes portaron pancartas condenando a morte de Pretti, un enfermeiro de 37 anos. As protestas extendéronse por outras cidades do país como Washington, Nova York ou San Francisco. Nalgunha delas, os participantes cargaron contra os axentes federais. 

Pretti faleceu tras tratar de interpoñerse entre axentes migratorios e cidadáns que protestaban contra as súas operacións. Nun momento dado, varios axentes rodearon ao home e forcexaron con el antes de dispararlle en máis dunha ocasión cando estaba no chan, segundo mostraron numerosos vídeos do suceso que circulan por internet.

O Departamento de Seguridade Nacional, encargado das operacións migratorias, asegurou que Pretti portaba unha arma semiautomática e cargadores e a propia secretaria do departamento, Kristi Noem, acusou ao home de "terrorismo doméstico" e asegurou que a vítima "atacou aos axentes" con "a intención de causar dano" e que estaba "blandiendo" a arma.

Con todo, en ningún dos vídeos do incidente se puido ver a Pretti botando man dunha arma.

A morte do enfermeiro supuxo o segundo incidente deste tipo en menos de tres semanas en Mineápolis, onde o pasado 7 de xaneiro unha muller, Renee Good, morreu por mor dos disparos dun funcionario do Servizo de Inmigración e Control de Aduanas (ICE).

As redadas a grande escala en Mineápolis, que viu a chegada dun número de axentes federais cinco veces superior a toda a forza policial da cidade, foron ordenadas polo Goberno de Trump a principios de xaneiro, cando o documental dun 'youtuber' conservador puxo de novo no foco os casos de fondos federais malversados por garderías xestionadas por membros da comunidade somalí.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade