Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Porto paga 8,5 millóns polo coruñés Nico González

O Porto paga 8,5 millóns polo coruñés Nico González

A temporada pasada estivo cedido no Valencia e esta campaña non ía ter minutos no Barcelona de Xavi Hernández

G24.gal 30/07/2023 08:57

O coruñés Nico González (21 anos) xa loce coa camisola do Porto. O centrocampista galego foi traspasado polo Barcelona por 8,5 millóns de euros e tentará destacar nun dos históricos do fútbol portugués e europeo (gañador de dúas Ligas de Campións). 

Nico non ía ter minutos no Barcelona. O ano pasado buscou gozar deles coa fórmula dunha cesión no Valencia (26 partidos, 18 de titular) pero iso non fixo que convencera a Xavi para esta temporada. O club, necesitado de cartos, decidiu traspasalo e agora Nico González buscará ofrecer o seu mellor fútbol, o que xogou no Barça con Koeman, no campionato do país veciño. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade