Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Porriño volve á senda da vitoria na pista do Morvedre (24-25)

O Porriño volve á senda da vitoria na pista do Morvedre (24-25)

As galegas foron guiadas por unha Paulina Buforn imparable, que acabou con 14 goles

As de Ismael Martínez suman 12 puntos

@BmPorrino
G24.gal 09/11/2025 16:18

O Porriño rencontrouse coa vitoria despois de dúas derrotas consecutivas. Foi na pista do Morvedre, rival que tamén precisaba o triunfo. As galegas decidiron apoiadas na tremenda exhibición de Paulina Buforn, que marcou 12 dos 25 goles do equipo, errando so tres dos seus 15 lanzamentos.

O partido foi igualado en todo momento, aínda que as porriñesas non foron por detrás ata o 14-13, xa na segunda metade. Este resultado foi o inicio dun parcial de 0-4, pero as locais volveron reaccionar para empatar. No treito decisivo o Morvedre parecía estar máis atinado, con vantaxes de dous goles ata o 24-22 que parecía abondarrles as locais. 

Volveu aparecer aí Paulina Buforn, que marcou os tres últimos goles do partido ata o 24-25. O último ataque resolveuno cunha parada Isabela Ferrarín para certificar a vitoria do Porriño, sexta da temporada, que o volve asentar na parte alta da táboa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar