Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Porriño perde na prórroga a posibilidade de estar na gran final

O Porriño perde na prórroga a posibilidade de estar na gran final

O Elxe demostrou a condición de mellor equipo do campionato e gañou con claridade o partido de volta (30-19 e 7-3 na prórroga)

G24.gal 15/05/2024 21:57

O Conservas Orbe Rubensa Porriño rematou na semifinal a súa andaina na mellor temporada da súa historia. Chegou con opcións de clasificarse, máis con este novidoso formato, pero caeu fronte a un Elxe que demostrou a condición de mellor equipo do campionato na liga regular. 

O cadro local saíu forte (7-4), pero as porriñesas aguantaron no partido ata que no treito final do primeiro tempo o Elxe volveu poñer tres goles de marxe (14-11). Foi un golpe anímico decisivo, porque no comezo do segundo tempo aumentaron a diferenza ata os seis tantos (17-11) e o Porriño comezou a pensar máis na prórroga (daba igual o número de goles cos que gañara o Elxe). 

O resultado do partido foi de 30-19, pero todo se ía decidir en dez minutos da prórroga. A inercia do Elxe era positiva e sentenciou cun 3-0 no primeiro tempo da parte suplementaria. A Porriño tocoulle arriscar moito e acabou caendo por un claro 7-3.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos