Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra remonta en Ceuta cos goles de Charles e Alberto Rubio

O Pontevedra remonta en Ceuta cos goles de Charles e Alberto Rubio

O 1-2 en Ceuta sérvelles aos granates para gañar o seu primeiro partido como visitantes

G24.gal 27/11/2022 14:19

O Pontevedra chegou ó Alfonso Murube de Ceuta e, en apenas 40 segundos, meteuse nun problema. Foi cunha xogada entre Ñito e Rodri que acabou por concretar Adri Cuevas. Un problema.

Logo tocou atasco e falta de ideas. Brais protagonizaba o primeiro e único tiro salientable galego na primeira parte. Pero á falta de sete minutos, para o descanso cambiou o partido. Foi pola expulsión do local Rodri. Vermella directa por unha entrada a Román. Acción sen sentido no medio campo que lle abriu a porta da reacción ao Pontevedra

No intermedio entrou Charles por Churre, un defensa. E aos dous minutos da continuación o propio Charles empataba a contenda. Bonito centro de Brais e o oportunismo de Charles pra adiantarse ao lateral Juanma. Iso foi no 47. E no 56, o segundo granate. Co Pontevedra lanzado, Borja volveu levar o balón a onde había vantaxe, Bastos encontrou a Brais, Brais volveu servir, o lateral Juanma volveu fallar e Alberto Rubio conseguiu o gol do triunfo do cadro galego. 1-2 gañou o Pontevedra. Triunfo importante, cheo de tranquilidade para calmar os ánimos e afrontar con confianza as vindeiras xornadas.   
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade