Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra perde por 2-0 no campo dun Mérida que foi moito máis efectivo

O Pontevedra perde por 2-0 no campo dun Mérida que foi moito máis efectivo

Decidiron os goles de Sandoval e David Larrubia

G24.gal 01/10/2022 19:55

O Pontevedra quixo ser en Mérida un equipo dominador e impoñer o seu fútbol. Fíxose coa posesión, pero non contou co súa falta de malicia e co tamaño dos seus erros. E por aí se lle foi o partido.  Nun deses erros, na saída de balón, Baquero perdeu unha bola que custou o primeiro gol.  O de Sandoval, no minuto 27. 

O Mérida meteu presión arriba cando puido, pero a meirande parte do encontro estivo pechado e buscou a contra. Nunha delas, tras unha falta a prol do Pontevedra, trazou unha resposta meteórica que deixou en evidencia as vixilancias galegas e que nos volveu amosar a gravidade do visto atrás. O Mérida chegou con tres futbolistas en posición de remate e quen o fixo foi David Larrubia. 2-0, demasiadas facilidades. E partido resolto no José Fouto, con intento final do Pontevedra e cabezada de Rufo que serviu para lucimento do porteiro Montoya.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade