Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra cae derrotado na guerra do Arcángel (1-0)

O Pontevedra cae derrotado na guerra do Arcángel (1-0)

Diarra marcou o gol no minuto 79 despois de xogar o Córdoba con dez durante oitenta minutos

G24.gal 07/12/2022 23:18

O Pontevedra tivo a gran ocasión para gañar no campo do líder, o Córdoba, pero acabou perdendo por 1-0. Desde o minuto 10 os locais xogaron con dez xogadores pola expulsión de Gudelj por unha entrada brutal sobre Miguel Román, que tivo que marchar mancado. 

A dureza foi o que marcou o comportamento dun Córdoba que levou o partido ao terreo da loita e da pelexa rozando a violencia por momentos. O Pontevedra tivo tres ocasións moi claras de gol nas botas de Seoane, Rufo e Brais Abelenda pero o porteiro local Carlos Marín estivo inmenso. 

No minuto 79, con Cacharrón mancado nun nocello, o Córdoba aproveitou un córner para marcar o único gol do partido. O remate do centrocampista na área pequena acabou na rede. Por diante quedaba tempo pero entre as perdas de tempo e as faltas do cadro local case non se puido xogar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar